venres, 11 de decembro de 2020

A Comunidade Conta: Recursos en Galego


O artigo que tedes a continuación pretende ser o comezo dunha serie de colaboracións das familias do Apóstolo, na que cada quen proporcione achegas sobre as súas inquedanzas, afeccións, recursos...acerca de temas da súa preferencia (lingua, ambiente, cinema, tempo libre, saúde...)





Compartíndoas facemos tribo!! 

Así que, se vos presta, enviádenos os vosos artigos a través do correo electrónico anpaapostolo@gmail.com 

ou poñédevos en contacto con calquera dos membros da directiva nas entradas e saídas da escola

😃 


E aí vai a primeira entrega

 

A ANPA do CEIP Apóstolo Santiago ten como un dos seus piares fundamentais a defensa e promoción da lingua e a cultura propias de Galicia. En concreto, a Comisión de Lingua traballa para que estes obxectivos se materialicen en todas as actividades que leva a cabo a ANPA, sexan estas máis de tipo informativo ou ben, de carácter lúdico.

O galego é, xa que logo, o idioma que eliximos para a transmisión das nosas comunicacións, sexan estas por medios electrónicos 

  • Bitácora 
  • Facebook
  • Grupo de difusión de whatsapp
  • ou ben por medios tradicionais, como carteis, notas nas mochilas, etc.

Tamén empregamos o galego e transmitimos as tradicións populares do noso Pobo mediante a celebración das diferentes festas nas que colaboramos co colexio:

e incluso en aquelas actividades colectivas non directamente relacionadas co centro: convivios, rutas de sendeirismo, actividades en defensa do ambiente, mercado de troco...

 

É por todo isto que vos queremos ofrecer unha serie de recursos en galego, tanto para facerdes agasallos de Nadal, como para ofrecer actividades de ocio e tempo libre ás familias, agora que se achega un período de vacacións. 

Tamén faremos unha pequena referencia a recursos para o estudo da lingua, por se tedes que axudar as crianzas máis vellas cos deberes.


Para crianzas até 6 anos aproximadamente:

Actividades para crianzas de 0 a 6 anos aproximadamente. Podedes atopar desde un imprimible para armar unha grinalda do Apalpador até sesións de conta-contos, teatro, concertos...

Recomendacións lectoras, músicas, cantigas infantís e moito máis, dirixido a crianzas de 0 a 6 anos.

Radio Picariña. 24 horas de música infantil, nunha canle pública, gratuíta e en galego.

Lembrades o Xabarín da nosa infancia? Pois aquí van a recomendación de varias series de debuxos animados dobradas ao galego por extraordinarias profesionais. Tamén da canle pública e gratuíta.

Se non tedes moi claro que agasallar este Nadal, en agasallo.eu ofrecen unha serie de ideas para regalar en clave de lingua e de País. Produtos da terra e que empregan o galego nas súas comunicacións e etiquetaxes.

Por último, queremos ofrecervos o enderezo dun sitio web, onde se resumen grande parte dos recursos en liña que podedes atopar para traballar o galego. Aquí podedes atopar referencias a dicionarios e gramáticas online, pero tamén a glosarios de temas tan específicos como as aves, ou as telecomunicacións. 

Tamén podedes consultar listaxes de nomes, por se estades a agardar por un novo membro na familia ou mesmo informarvos sobre as preferencias á hora de aplicar a linguaxe non sexista ao uso do galego.