venres, 3 de maio de 2019

Celebramos os Maios no Cole



Os Maios son tradición no CEIP Apóstolo Santiago dende hai moitos anos e como cada Maio esta Comunidade Educativa recupera esta tradicional festa para botar o inverno e dar paso as estacións da luz.



Ate este curso, a primeira semana do mes de Maio as familias a petición do centro, achegábamos fiúncho, xestas, flores, pampullos e/ou pampillos(depende da zona), ovos, laranxas e todo o material necesario para elaborar os Maios entre todas as aulas.


O primeiro sábado do mes, aproveitando a Feira da Primavera e a celebración dos Maios do Barrio de San Pedro, baixabamos a dar o paseo, cantar as coplas, botarlle algún aturuxo e lucir con orgullo o noso Maio.

Este curso, a Comisión de Festas centrou moito do seu traballo en dar forma á celebración dos Maios dun xeito diferente. O obxectivo: Seguir facendo Comunidade
Para iso, convocamos un convivio-piquequenique-recollida de fiuncho e flores. 



Quedamos polas tardes no recibidor para debullar, coser e formar faldras e guirnaldas, e entre todas ir dando forma para que os nenos e nenas tiveran parte da faena iniciada.














O venres celebramos como Comunidade a entrada no tempo da luz. O claustro organizou con detalle unha celebración chea de coplas, música e visibilidade. Cunha ruada pola contorna do centro a rapazada amosoulle ao barrio o bo traballo feito. 














E xa de volta compartiron as coplas e os ritmos aprendidos na aula de música. As familias aportamos a papatoria e todas xuntas fixemos a foliada, xogamos e compartimos tempo e espazo.














Que viva a escola pública inclusiva, igualitaria e con identidade propia!!!!





"Vivan esas nenos e eses nenos que van manter esto vivo"
Luz Fandiño