O custo da cota anual é de 30 euros por familia, que se destinarán principalmente a sufragar actividades de lecer para a rapazada e a gastos administrativos relacionados coa xestión das actividades extraescolares.
O custe da matrícula é de 30 euros para familias non socias da ANPA, e 0 para as que si o son. Enténdese que coa cota de socia quedan sufragadas as actividades, pero ademais... Serdes familia socia permite que teñades voz e voto nas asembleas, que participedes das canles de comunicación da ANPA e que, en definitiva, funcionemos como asociación, como comunidade educativa.
Aspiramos a ofertar un programa de actividades extraescolares variado e acorde aos intereses das familias da escola, así como respectuoso en termos económicos coas monitoras e monitores que imparten cada unha das mesmas.
Confiamos en que sexan do voso agrado.
Por último, pero non menos importante, damos a benvida a todas aquelas familias que acabades de incorporarvos ao noso centro.
IMPORTANTE! Lembrade que TODAS as familias, tanto as veteranas como as novas, debedes cubrir o formulario para que poidamos ter os vosos datos de contacto actualizados:
FORMULARIO
ATENCIÓN! Lembrade que este ano cambiamos o número de conta!
ABANCA ES29 2080 0348 3030 4003 7503