E ti.... en que Comisión queres colaborar?
Comisión Construíndo Escola Os centros de ensino son espazos vivos e en contínua transformación. A participación das familias no deseño e difusión de modelos de centros inclusivos, respectuosos e igualitarios son a chave da transformación dos procesos formativos das nosas nenas e nenos.
Comisión de Igualdade de Xénero Visibilizar dende os ciclos mais baixos do ensino as desigualdades de xénero son fundamentais para a transformación do modelo social baseado nas relacións de poder desigual. A Comisión de Xénero promove, en alianza co centro, un modelo de educación en clave de igualdade. Colaborando na elaboración de materiais de difusión, nas recomendacións de lecturas, actividades e dinámicas….
Comisión de Lingua “O idioma é o amor,o latexo, a verdade,a fonte da que agroma a máis forte irmandade” (Manuel María “A fala”). A nosa lingua é cultura e identidade. Un dos piares da nosa asociación. Promover o seu uso e disfrute con garantías. Facelo un valor esencial dun modelo de ensino propio.
Comisión de Comedor A educación alimentaria como piar da saúde das nosas nenas e nenos. Os espazos dos comedores escolares son algo mais que un buffet para a conciliación das vidas familiares, son un espazo onde aprender sobre o autocoidado, os beneficios dunha alimentación saúdable de próximidade e de tempada e de compartir tempos.
Comisión de Medio Ambiente O noso centro está rodeado de zonas verdes!! Coidar da nosa contorna dende o coñecemento dende abaixo. Cada verme, cada folla, cada froito son unha experiencia vital para as crianzas. A comisión tamén da soporte ao Horto Escolar situado no enclave das Hortas da Almáciga e o corredor verde.
Comisión de Actividades Extraescolares Grazas ás persoas voluntarias desta comisión as nosas nenas e nenos poden disfrutar de actividades no horario escolar non lectivo (judo, circo, patinaxe, lingua de signos, baile….)
Comisión de Festas e Eventos Lúdicos A nosa asociación considera de relevancia coidar os espazos de encontro da comunidade. As festas e eventos sirven para desintoxicarnos das rutinas, romper coas actividades diarias dentro do cole e poder facer e crecer como comunidade.
Comisión de Obras Somos o grupo escolar mais antigo de Santiago de Compostela, e ben orgullosas!!!, pero os anos pasan e sempre hai que facer algunha obriña e restauración. Contamos con profesionais do sector do urbanismo na nosa asociación e voluntariamente aportan os seus coñecementos para mellorar as nosas propostas.
Descarga Boletín das Comisións curso 2018/2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Na asemblea da ANPA do 19/02/25 aprobouse abrir un proceso de debate para cambiar o nome do noso centro. Segundo o acordado, deuse de praz...
-
Orgullosas da nosa Comunidade Educativa!!! Un ano mais e convocadas pola Comisión de Igualdade un nutrido grupo de nenas e nais, e algún c...
-
Os Maios son tradición no CEIP Apóstolo Santiago dende hai moitos anos e como cada Maio esta Comunidade Educativa recupera esta tradi...