BosDías/Comedor

O noso centro conta cun servicio de madrugadores e madrugadoras (BosDías) e comedor escolar.

Un servizo xestionado polo Concello de Santiago a través da empresa concesionaria Alimentación Saludable Gallega

Na nosa ANPA temos unha Comisión de Traballo de Comedores, aberta á participación das familias co fin de velar pola calidade do servizo e o cumprimento das condicións da concesión.