ANPA





Somos nais e pais do alumnado do CEIP Apóstolo Santiago co obxectivo de participar na vida da nosa Comunidade Educativa. A Anpa está aberta a todas as familias da Comunidade Educativa que voluntariamente decididimos asociarnos para crear un espazo de reflexión e traballo conxunto.







A actual Xunta Directiva está formada polas seguintes nais e pais
  • Presidencia: Laura Navarro Ramón
  • Vicepresidencia: María de los Ángeles (Anxa) Danis Canosa
  • Secretaría: Larisa (Lara) Rozados Lorenzo
  • Tesourería: Fernando Zas Maroño
  • Representación no Consello Escolar: Miguel Pardellas Santiago

Os obxectivos da nosa asociación son
  • Facilitar asistencia a todas as familias no que atinxe á educación das nenas e nenos ao seu cargo
  • Colaborar e participar nas actividades educativas e extra-escolares do centro
  • Promover a participación das familias  na xestión do centro
  • Asistir ás familias no exercicio do seu dereito na participación da xestión do centro
  • Facilitar a representación dos intereses das familias no Consello Escolar
  • Estimular a participación das familias na programación xeral  nos órgnaos colexiados correspondentes
  • Fomentar as relacións de cooperación entre o centro e a contorna
  • Promover o ensino público gratuito e universar en clave de valores de igualdade de dereitos de todos os alumnos e alumnas sen discriminación por razóns socioeconómicas, idelóxicas, confesionais, raza ou sexo
  • Requirir ós poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, demandando a atención e axudas que esta merece
  • Promover actividades formativas, culturais e de estudio
  • Promover reunións de colaboración de nais e pais con equipo docente e as favorecer  as relacións positivas entre a Comunidade Educativa
  • E todos aqueles outros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei
Para levar a cabo os nosos obxectivos traballamos de forma horizontal a través de grupos de traballo ou Comisións:


Comisión Construíndo Escola Os centros de ensino son espazos vivos e en contínua transformación. A participación das familias no deseño e difusión de modelos de centros inclusivos, respectuosos e igualitarios son a chave da transformación dos procesos formativos das nosas nenas e nenos.

Comisión de Igualdade de Xénero Visibilizar dende os ciclos mais baixos do ensino as desigualdades de xénero son fundamentais para a transformación do modelo social baseado nas relacións de poder desigual. A Comisión de Xénero promove, en alianza co centro, un modelo de educación en clave de igualdade. Colaborando na elaboración de materiais de difusión, nas recomendacións de lecturas, actividades e dinámicas….


Comisión de Lingua O idioma é o amor,o latexo, a verdade,a fonte da que agroma a máis forte irmandade” (Manuel María “A fala”). A nosa lingua é cultura e identidade. Un dos piares da nosa asociación. Tentaremos promover o seu uso e goce con garantías. Facelo un valor esencial dun modelo de ensino propio.

Comisión de Comedor A educación alimentaria como piar da saúde das nosas nenas e nenos. Os espazos dos comedores escolares son algo mais que un buffet para a conciliación das vidas familiares, son un espazo onde aprender sobre o autocoidado, os beneficios dunha alimentación saúdable de próximidade e de tempada e de compartir tempos.

Comisión de Medio Ambiente O noso centro está rodeado de zonas verdes!! Coidar da nosa contorna dende o coñecemento dende abaixo. Cada verme, cada folla, cada froito son unha experiencia vital para as crianzas. A comisión tamén da soporte ao Horto Escolar situado no enclave das Hortas da Almáciga e o corredor verde.

Comisión de Actividades Extraescolares Grazas ás persoas voluntarias desta comisión as nosas nenas e nenos poden disfrutar de actividades no horario escolar non lectivo (judo, circo, patinaxe, lingua de signos, baile….)

Comisión de Festas e Eventos Lúdicos A nosa asociación considera de relevancia coidar os espazos de encontro da comunidade. As festas e eventos sirven para desintoxicarnos das rutinas, romper coas actividades diarias dentro do cole e poder facer e crecer como comunidade.

Comisión de Obras Somos o grupo escolar mais antigo de Santiago de Compostela, e ben orgullosas!!!, pero os anos pasan e sempre hai que facer algunha obriña e restauración. Contamos con profesionais do sector do urbanismo na nosa asociación e voluntariamente aportan os seus coñecementos para mellorar as nosas propostas.