luns, 22 de setembro de 2025

ARRINCAMOS! PRIMEIRA ASEMBLEA

Queridas familias,


anexamos a orde do día da asemblea ordinaria da ANPA do curso 2025/2026.

Será o mércores 8 de outubro, ás 17:30 horas, no Salón de Actos do CEIP. Contaremos con servizo de ludoteca, para o que cómpre realizar a inscrición neste correo antes do martes 7 ás 15:00 horas.

Ademais, lembramos que este luns 22 de setembro publícase a lista de admitidas nas actividades extraescolares. A partir de aí só se poderán realizar inscricións nas prazas que queden vacantes.

Agardando atopármonos pronto, enviamos un cordial saúdo!


ASEMBLEA ORDINARIA ANPA DO CEIP APÓSTOLO SANTIAGO, CURSO 2025/2026


Mércores 8 de outubro de 2025, 17:30-19:30 horas


ORDE DO DÍA


1. Benvida da directiva e presentación asistentes (10 minutos).

2. Lectura e aprobación da acta anterior (5-10 minutos).

3. Estado de contas. Propostas (10-15 minutos).

4. Actividades extraescolares.

5. Diferentes comisións. Dinámica para unirse a elas (10 minutos) e breve

repaso e perspectivas de futuro (uns 10 minutos cada unha):

- Construíndo escola (convivencia e celebracións).

- Comedor.

- Medio ambiente e radon.

- Igualdade. Explicación das subvencións concedidas e da programación.

- Lingua.

6. Rogos e preguntas (10-20 minutos).