sábado, 6 de setembro de 2025

PRESENTAMOS A NOVA GRELLA, PRAZOS DE INSCRICIÓN E PREZOS DAS EXTRAESCOLARES CURSO 2025-26



👀 IMPRESCINDIBLE PARA TODAS AS FAMILIAS (INCLUIDAS BOLSEIRAS) O PAGAMENTO DA MATRÍCULA DAS EXTRAESCOLARES: 30 EUROS POR FAMILIA, para cubrir os gastos de xestión administrativa e o seguro das actividades. As familias socias da ANPA teñen cuberta esta matrícula coa cota anual de inscrición á ANPA 30€ , que se é necesario pode ser feita en dous pagamentos.

O custe das actividades é de 17,50 euros/mes cada unha (as usuarias con bolsa con concello non deberán abonar a diferenza, xa que a Anpa asumirá ese custe).

* Excepción: a actividade de horta custa 22 euros e dura 90 minutos. Só pagan as crianzas, non as adultas e as bolseiras deberán abonar 5 €.

Acceso ao FORMULARIO ONLINE

LUNS
16:30 h

  • Volei (Educación Primaria, preferiblemente de 3º a 6º) 
  • Baile Moderno
  • Xadrez
  • Pandeireta (Educación Primaria, de 4º a 6º)
  • Ioga (3-8 anos)

17:30 h
  • Pandeireta (5 anos- 3º Educación Primaria)
 
MARTES
16:30 h
  • Hóquei
  • Xogoteca (> 5 anos)
  • Horta (< 7 anos)
  • Break dance (Educación Infantil)
  • Regueifa (Educación primaria)
 
MÉRCORES
16:30 h

  • Patinaxe
  • Capoeira
  • Teatro
  • Circo
  • Natación (Piscina USC)

17:30 h

  • Capoeira en familia

XOVES

 16:30 h

  • Baloncesto
  • Baile galego
  • Arte
  • Break dance (Educación Primaria)

 

COMO INSCRIBIRSE?   

1.- Hai dúas opcións: cubrir o formulario de inscrición impreso e depositalo na caixa de correo da Anpa (na entrada principal do cole), ou cubrir o formulario online:  https://forms.gle/Pa6rKcAhVM188p4X9 

2. O prazo de inscrición preferente é do 10 ao 18 de setembro. As/os inscritas/os despois desta data optarán ás prazas vacantes.

3. O 22 de setembro publicarase a listaxe de admitidos no taboleiro da ANPA. 

4. Para que a matrícula sexa efectiva deberá realizarse o pagamento da matrícula e o mes de outubro no seguinte prazo: 23-26 de setembro.

5. O alumnado do Apóstolo Santiago ten prioridade. 

6. As actividades teñen límite de prazas: respectarase a orde de inscrición ás actividades.

7. As actividades comezan o 1 de outubro. 

COMO PAGAR? 

O pagamento das actividades será abonado na primeira semana do mes en curso, por transferencia bancaria na conta de ABANCA. 

ATENCIÓN! Cambiamos o número de conta!  ABANCA ES29 2080 0348 3030 4003 7503

Nas transferencias indicarase no concepto "nome/s da/s participante/s + mes” (excepto nas transferencias periódicas, en que non é necesario especificar o mes). 

Por favor, é importante pagar nos cinco primeiros días do mes.

As adultas nas actividades en familia pagan o mesmo importe que as crianzas. 

IMPORTANTE: informar ao monitorado das casuísticas que as familias consideredes importantes de cada neno/a (alerxias, enfermidades, etc…). Podes contactar connosco a través do correo extraescolaresanpaapostolo@gmail.com.

 

Para saber máis de cada unha das actividades, preme aquí