Acaba o curso! Mais non o acabamos sen festa! A Comisión de Extraescolares informa:
Na festa fin de curso do venres 20 de xuño haberá actuacións e demostracións do traballo de: - Baile Galego
- Pandeireta
- Capoeira
- Breakdance
- Horta
As demais actividades extraescolares fan portas abertas a vindeira semana para que as familias ou todas aquelas persoas interesadas poidan ver unha clase aberta: A partir das 16.30H: Volei, Baloncesto, Xadrez, Patinaxe, Hockei, Baile Moderno, Ioga, Chafarís, Circo.
A partir das 17H: Capoeira e Arte.