martes, 21 de maio de 2019

Programa de Patios: Venres 24 de Maio

Ola familias!
Este venres día 24, se o tempo acompaña, organizamos unha nova xornada de XOGOS NO PATIO
Estamos definindo os xogos coa profesora de Educación Física, tanto para infantil e primaria. A partir do mércores estará dispoñible no taboleiro da Anpa o cartaz no que podedes anotarvos para participar.

Quedamos este VENRES 24 de MARZO ás 11:15 na entrada do cole para organizar a sesión. Lembrade que o horario do patio é de 11:30 a 12:20h

Coma sempre é imprescindible a vosa colaboración e moitas, moitas, moitas ganas de xogar.
Precisamos un mínimo de 6 persoas, pero xa sabedes... cantas mais mellor!!!