luns, 10 de xuño de 2019

ANPA: Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. 3º Trimestre



Ola a familias, dende a Directiva da Asociación de Nais e Pais convidámosvos a asemblea do terceiro trimestre, a celebrar o vindeiro martes 11 de Xuño de 17:30h a 19:00
Lugar de celebración: Salón de Actos

Orde de Día


  1. Benvida e aprobación da acta da anterior asemblea
  2. Presentación do novo equipo directivo. No curso 2019/2020 o centro terá unha nova dirección. Participarán ao inicio da xuntanza para presentar o novo equipo
  3. Radón
  4. Valoración dos obxectivos marcados como directiva para este curso: comunicación interna,
  5. extraescolares, comedor, etc.
  6. Aprobación do preámbulo dos estatutos
  7. Biblioteca Escolar 
  8. Rogos e preguntas




Tempo total estimado de duración da Asemblea: 1 hora  e 30 minutos aproximadamente

*Haberá ludoteca de balde para as crianzas

Saúdos
Directiva da Anpa do CEIP Apóstolo Santiago