Asistiremos a unha pequena mostra do traballo realizado polas nenas e nenos nas diversas actividades extraescolares durante o curso escolar.
Comezaremos no Pavillón coa mostra de Judo e Patinaxe na que poderemos disfrutar das destrezas e acrobacias aprendidas ao longo do curso.
Despóis pasaremos ao Salón de Actos onde os nenos e nenas de Teatro, Circo e Pandeireta subirán ao escenario para amosar os diferentes espectáculos breves que teñen preparados.
Unha vez finalizadas as mostras da coa cativada todas xuntas disfrutaremos dunha merenda no patio do cole (se o tempo acompaña)
Coma sempre agradecemos as achegas das vosas especialidades culinarias para a merendola!!!
Lembrade indicar os ingredientes e compoñentes para facilitar información ás persoas con necesidades específicas alimentarias.
Agardamos vervos a todas as familias este martes e compartir tempo de alegría e festa!!!