mércores, 11 de setembro de 2019

Un curso novo, un mundo de posibilidades!

Iniciamos un novo curso académico coas enerxías renovadas e moitas ganas de continuar facendo entre todas a nosa Comunidade Educativa, a que grazas ao esforzo colectivo cada ano crece en número e fortalezas. Benvidas todas as familias que se incorporan ao centro!!





Queres ser parte da ANPA?  É moi sinxelo

  • Cumplimenta este formulario  on line e abona a cota anual de 20€ 
  • Podes facelo a través de ingreso no número de conta ou mediante transferencia bancaria:

La Caixa ES68 0133 6197 4642 0000 1353. Indicando "Cota asociada ANPA e NOME DA PERSOA SOCIA"
Importante para poder identificar os pagos 😉


O importe destas aportacións teñen como finalidade cubrir os gastos de xestión da asociación, das actividades lúdicas e extraescolares durante o curso.






Na asociación todas as persoas socias poden participar nos grupos/comisións de traballo (igualdade, lingua, extraescolares, festas, medio ambiente....) Se sabes que tes unha habilidade, coñecemento ou so ganas de participar, non o dubides e apúntate nunha comisión!