venres, 26 de abril de 2019

Celebramos os Maios

"Pra facer os Maios temos que coller, un feixe de frores e algo que dicer..."
Como cada curso imos montar o Maio do cole e para iso precisamos da colaboración de todas as familias tanto para traer as xestas, o fiúncho e as flores, como para montar os Maios durante a semana, pero sobre todo para BOTAR O INVERNO e dicirlle ola a estación da luz.
Dende a ANPA organizamos unha parte da festividade. Aquí tedes o programa de actividades para a semana do luns 29 ao venres 3, día no que toda a Comunidade Escolar celebrará xunta a tradición de cantar os Maios.