👉Coma todos os cursos haberá Coplas, Música e Merendola
- Precisamos da vosa colaboración! Se tedes habilidades musicais son ben recibidas para amenizar o festón, acompañando ás nenas e nenos no seu desfile pola contorna do cole (se o tempo permite a saída): Pandeiretas, Gaitas, Tambores e Tamboriles, Pandeiros, Tarrañolas.....
- Coma sempre para a merendola agradécese a achega de Doces típicos caseiros (indicando os ingredientes para facilitarlles información ás persoas con intolerancias e alerxias) e Froita de tempada
🌳🌏Obxectivo reducir residuos!
A nosa pegada no planeta que
habitamos é importante e dende a ANPA traballamos para ser cada día máis
ecolóxicas e que as nosas actividades sexan o mais sostibles posibles, convidámosvos
a traer os vosos EKOVasos, e evitar
os plásticos de un so uso.
❕❕Lembrade!!
A festa comeza co Pasarúas do cole ás 10:00h, se queredes
botar unha man, estamos a partir das 09:00 no local da ANPA para organizar
entre todas! E sobre todo..... Moita Festa, Diversión e Comunidade!!!!
ANPA-Comisión de Festas
e Actividades Lúdicas