mércores, 6 de marzo de 2019

Comisión de Xénero: Convocatoria para participar e secundar a Folga Feminista do 8M


http://maismulleres.blogspot.com/
Dende a Comisión de Xénero e Igualdade "Mulleralias" queremos convocar a todas as mulleres e nenas da nosa Comunidade Educativa a secundar e participar activamente na Folga Feminista deste 8M: Día Internacional Das Mulleres

Ao igual que o pasado 2018 queremos facer visible a nosa presencia nas accións que se van desenvolver en Compostela ao longo desta xornada reivindicativa, xuntándonos ás 10.30h da mañá do dia 8M na porta do noso cole para baixar ate a rúa dos Concheiros(rotonda) e sumarnos á Treboada Feminista que terá lugar dende as 11.30h cara a rúa da Senra. 
Importante vir con cacharrada para facer moito, moito ruído.
Non esquezades as cores violetas!!! E sobre todo moitas ganas de celebrar que #XuntasSomosMaisFortes
Pincha aquí para ver a información no blog da Comisión de Xénero