E como cada ano, a nosa Dona Almáciga e os seus mandados para toda a semana
"Esta semana temos a Dona Almáciga no mando para celebrar o Entroido, cada día atenderemos aos seus mandados:
- Este Luns, como Rosalía adorna a cachola, trae, diadema,sombreiro,gorra, ou se queres tamén unha caracola ou unha máscara de Peliqueira
- O pescozo adornado para o Martes é de seres importantes e elegantes.
- O Mércores dous pares de calzado ben diferentes terás que combinar para que o Entroido se poida notar.
- O Xoves unhas chocas con material de refugallo do teu corpo han de colgar para que o Entroido se poida escoitar
- O Venres completa o teu disfrace para que todxs xs choqueiras poidan danzar"
Vémonos o Venres no Entroido do Cole!!!