domingo, 24 de febreiro de 2019

Festa:Entroido no Apóstolo Santiago 2019



Este ano o Entroido no cole busca recuperar as esencias mais tradicionais da celebración destas datas, a través da figura do Choqueiro e Choqueira, unha personaxe chea de diversión e irreverencia.

Igual non temos moi claro como facer o disfraz, pois é ben sinxelo: 

Remexe no armario do avó, da avóa, da tía ou da cuñada. Busca no faiado ou no trasteiro roupas variadas, prendas grandes ou pequenas. Mextura  con xeito e gracia moitas cores, moitas capas e sobre todo pon algo na cachola e na cara. Así sen querelo xa tes disfraz de Choqueira e Choqueiro.
Lembra que nesta ocasión.... canto moito mais.... moito mellor!!!


👉Aquí vos deixamos a nota que o centro enviou ás familias con información de interese para achegarnos mais a esta celebración


E como cada ano, a nosa Dona Almáciga e os seus mandados para toda a semana





"Esta semana temos a Dona Almáciga no mando para celebrar o Entroido, cada día atenderemos aos seus mandados:

  • Este Luns, como Rosalía adorna a cachola, trae, diadema,sombreiro,gorra, ou se queres tamén unha caracola ou unha máscara de Peliqueira
  • O pescozo adornado para o Martes é de seres importantes e elegantes.
  • O Mércores dous pares de calzado ben diferentes terás que combinar para que o Entroido se poida notar.
  • O Xoves unhas chocas con material de refugallo do teu corpo han de colgar para que o Entroido se poida escoitar
  • O Venres completa o teu disfrace para que todxs xs choqueiras poidan danzar" 

Vémonos o Venres no Entroido do Cole!!!!