xoves, 18 de outubro de 2018

CAMPAÑA: "Recolle a túa Roupa"

Botas en falta algunha peza de roupa da túa filla ou fillo?






 Unha chaqueta, unha bufanda, unha cazadora ou un gorro que 
vai tempo que non localizas na casa??


 

Seguro que algo do que queda perdido polo cole é familiar.



Hoxe estivemos facendo limpeza e poñendo orde no local da anpa e tentando organizar todo o que durante o último curso (ou últimos) o persoal do centro foi recollendo polos espazos do cole e xuntándo por se algunha familia a reclamaba.




Dende mañán venres 19 de Outubro ate o próximo venres 26 de Outubro, no recibidor do cole, estarán expostas unhas caixas coa roupiña e outros obxectos recollidos durante este tempo.

  • Están organizadas por tamaño.

  • Procura buscar e deixar o mellor posible as caixas.

  • O venres 26 retiraremos as caixas para entregalas nun roupeiro municipal.