imaxe:Almáciga en Verde |
Un novo curso escolar ten comezado, e un ano mais queremos facervos partícipes do xa tradicional Programa de Patios que forma parte da PXA (programación xeral anual) do noso centro.
Esta actividade consiste en que un grupo de pais e nais voluntarias organizamos xogos durante o tempo de patio co alumnado do noso centro. Un espazo de dinamización para achergar outros xogos ao tempo de lecer e ofrecerlles mais posibilidades de disfrutar deste tempo de xeito colaborativo e inclusivo, facendo do patio un espazo para todas.
imaxe: Almáciga en Verde |
O obxectivo para este curso é facer un plan de patios cada 15 días. Precisamos da vosa participación para conseguilo!!!!
Para este primeiro trimestre temos previsto o seguinte cronograma:
- Outubro: reunión coa profesora de Educación Física, para a coordinación e deseño dos xogos e actividades a desenvolver no programa.
- Novembro: iniciar o programa de patios
Imaxe: Almáciga en Verde |
Iremos informando a través do correo electrónico, do taboleiro da ANPA e no blogue das datas previstas.
Animádevos a partircipar!!!
Se tes interese en colaborar no grupo de traballo que xestiona o Programa de Patios envía un correo a
anpa.apostolo@gmail.com