E así celebramos o Samaín e o Magosto no cole este ano. Unha
xornada de alegría, diversión, xogos, decoración e sobre todo festón!!!!
As familias desfrutamos
colaborando na organización da festa como en cada celebración no cole.
Participar activamente na vida do centro permite crear sinerxías e mellorar a
convivencia. Entre toda a comunidade imos dando forma a estes anos tan
importantes na educación das nosas fillas e fillos.
E con toda esta enerxía fixemos
unha festa: Picamos e asamos castañas, compartimos paparotada e desfrutamos
bailando e xogando.
Algunhas imaxes
Dende a comisión de festas e tamén de parte das persoas que formamos a directiva gustaríanos agredecer a todas as familias o traballo e a colaboración durante a xornada de hoxe
Foi un magosto marabilloso! 🌰🔥
Orgullosxs desta comunidade educativa 😍
Saúdos 😘