Esta semana vimos de enviar aos medios de comunicación unha nota de prensa co fin de visibilizar a situación do noso centro. Somos conscientes de que a mobilidade é habitual en todos os claustros, somos conscientes que as Comisións de Servizo son unha figura normativa beneficiosa, e tamén somos conscientes dos dereitos laborais do persoal docente. Pero entendemos que estamos a vivir un agravio comparativo de díficil comprensión ao ser denegada a única comisión de servizos solicitada polo centro, para dar continuidade ao equipo directivo, cando temos seis docentes con prazas no noso centro en comisións de servizos.
📝Aquí vai a nota íntegra que enviamos aos medios.
Agardamos que teña a máxima difusión📢
A elevada mobilidade do profesorado no CEIP Apóstolo Santiago compromete a viabilidade dalgúns dos seus proxectos máis salientables
Un terzo do claustro do centro nunca chegou a incorporarse ao mesmo, ao dispor de comisións de servizos noutros colexios Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2020.
A ANPA do CEIP Apóstolo Santiago quere denunciar publicamente que unha elevada porcentaxe do profesorado con praza definitiva no centro, está a gozar de comisións de servizos noutros colexios por motivos de diversa índole. É este un feito que vén arrastrando o colexio público da Almáciga desde hai xa varios cursos, e que provoca unha elevadísima rotación do profesorado, xa que estes postos se ocupan cada ano por mestres interinos ou provisionais. Entre a problemática asociada figura a de determinadas aulas do
centro, nas que o mestre titor vén mudando cada ano, como nos casos dos actuais grupos de 2o, 5o ou 6o de Primaria. Ademais, este feito, dificulta ou incluso pode imposibilitar a posta en marcha ou a continuidade de proxectos de innovación tan salientables como os obradoiros interaulas ou o programa SEMGAL -anteriormente coñecido como Piteas-, Plambe, Plans de formación permanente do profesorado (PFPP) ou contratos programa, ao ser preciso implicar, motivar e formar ao novo
profesorado que cada ano se incorpora ao claustro, profesoradopor outra banda, sabedor de que só vai estar un curso no centro. Das 18 persoas que actualmente conforman o claustro, 8 mudarán o vindeiro ano académico, sendo dúas delas compartidas con outros colexios (entre elas a figura responsable
do Departamento de Orientación).Desde a Asociación de Nais e Pais do Apóstolo Santiago
queremos denunciar públicamente a enorme discriminación que este feito supón para os nosos fillos e fillas. Así, a concesión de comisións de servizos conleva unha mellora ou beneficio para o
alumnado dos centros nos que continúa a desenvolver o seu labor o noso profesorado definitivo. Pero ao tempo implica un claro perxuízo e unha evidente merma na calidade do ensino que reciben os nosos fillos e fillas.
nosa escola, e que permitiría a continuidade da secretaria do centro, non tivo aínda unha resposta favorable por parte da administración. Este feito supón unha enorme inxustiza para o
centro, ao truncar a continuidade do actual equipo directivo, nunha escola que leva máis de catro anos mudando os seus cargos directivos e nun momento de especial complexidade ocasionado por toda a problemática organizativa derivada pola pandemia.
centro, nas que o mestre titor vén mudando cada ano, como nos casos dos actuais grupos de 2o, 5o ou 6o de Primaria. Ademais, este feito, dificulta ou incluso pode imposibilitar a posta en marcha ou a continuidade de proxectos de innovación tan salientables como os obradoiros interaulas ou o programa SEMGAL -anteriormente coñecido como Piteas-, Plambe, Plans de formación permanente do profesorado (PFPP) ou contratos programa, ao ser preciso implicar, motivar e formar ao novo
profesorado que cada ano se incorpora ao claustro, profesoradopor outra banda, sabedor de que só vai estar un curso no centro. Das 18 persoas que actualmente conforman o claustro, 8 mudarán o vindeiro ano académico, sendo dúas delas compartidas con outros colexios (entre elas a figura responsable
do Departamento de Orientación).Desde a Asociación de Nais e Pais do Apóstolo Santiago
queremos denunciar públicamente a enorme discriminación que este feito supón para os nosos fillos e fillas. Así, a concesión de comisións de servizos conleva unha mellora ou beneficio para o
alumnado dos centros nos que continúa a desenvolver o seu labor o noso profesorado definitivo. Pero ao tempo implica un claro perxuízo e unha evidente merma na calidade do ensino que reciben os nosos fillos e fillas.
Unha única solicitude, sen resolución favorable
Nunha conxuntura como a que estamos a vivir, provocada pola pandemia da covid-19, queremos denunciar publicamente que a única comisión de servizos que este curso se solicitou desde anosa escola, e que permitiría a continuidade da secretaria do centro, non tivo aínda unha resposta favorable por parte da administración. Este feito supón unha enorme inxustiza para o
centro, ao truncar a continuidade do actual equipo directivo, nunha escola que leva máis de catro anos mudando os seus cargos directivos e nun momento de especial complexidade ocasionado por toda a problemática organizativa derivada pola pandemia.
Na actualidade, varios dos docentes con praza definitiva no Apóstolo Santiago gozan de comisións de servizos motivadas por diversas circunstancias. Non estamos en contra de ditas comisións, o que demandamos desde a ANPA do CEIP Apóstolo Santiago é que estes postos sexan cubertos con solución de continuidade namentres non se incorpore o profesorado definitivo, así como que se resolvan favorablemente as solicitudes tramitadas desde o noso centro.