mércores, 8 de xullo de 2020

Extraescolares: Curso 2020-2021


Xa temos lista a grella de actividades extraescolares para o curso que vén!!

Lembrade que a matrícula nas actividades extraescolares comeza co inicio do curso escolar



IMPORTANTE‼️ recalcar que todo o referente ás actividades extraescolares quedará supeditado á evolución de pandemia e o que diten as autoridades sanitarias no momento das súa execución




INFORMACIÓN XERAL
  • Todas as actividades terán un custo de 15€/mes, agás ROBÓTICA (FermiON-LAB) que terá un incremento de 10€ trimestre (primaria) e 6€ trimestre (infantil) debido a custos de material
  • Recordarvos tamén que os certificados de inscrición en cada actividade serán entregados a principio de curso, no momento de formalizar a matrícula
  • As familias que solicitáchedes abolsa do Concello poderedes adxuntar o certificado nese momento, non hai problema! Agora preséntase a solicitude e en setembro pódese engadir o certificado

 A  TER EN CONTA!
  • Todas as actividades teñen unha matrícula de 15, as familias socias da ANPA teñen cuberta esta matrícula coa cuota anual de asociadas(15€)
  • O pago das actividades será abonado na primeira semana do mes en curso por transferencia bancaria La Caixa ES68 0133 6197 4642 0000 1353 indicando "actividade, mes e nome do cativo ou cativa que a realiza"
  • Para poder realizar as actividades precísase un mínimo 10-15 de participantes, que debe manterse ao longo do curso para que se desenvolvan as actividades
  • Na primeira semana de Outubro todas as actividades teñen a primeira sesión como proba, para aquelas que se anotan e non están totalmente convencidas.
  • Para solicitar a baixa dunha actividade é obrigatorio comunicalo na primeira semana do mes en curso, para non abonar o importe mensual da mesma. En caso de non comunicalo o pago da mensualidade debe abonarse integramente.
  • A matricula/cuota de socios e socias nas actividades extraescolares, cubre os gastos de xestión administrativa das mesmas, así como o seguro das actividades

BREVE DESCRICIÓN DAS ACTIVIDADES NOVAS

ESPAZO E VOLUME: A proposta que nos fai Ana Vidal está fundamentalmente relacionada co campo das artes plásticas, aínda que é moi eficaz para a comprensión de moitas outras disciplinas como matemáticas, física, historia, tecnoloxía... (Actividade para crianzas a partir de 6 anos). 

APARAFUSA E MAXINA de FermiON-Lab, preséntase como unha oportunidade de desfrutar da ciencia e a robótica e medrar no proceso de investigación científica. A actividade está pensada para crianzas a partir dos 6 anos. Se houbera familias de infantil interesadas, se crearía un grupo específico para estas idades.

HOQUEI PATÍNS 
  • A actividade é aberta a crianzas saiban ou non patinar. 
  • Se teñen patíns, que os leven (non importa que sexan en liña)
  • Tamén será obrigatorio levar unhas xeonlleiras
  • Pouco a pouco, si lles gusta, irase recomendando material apropiado. 
  • As crianzas que se inscriban poderán asistir (polo mesmo prezo) á sesion de adestramento dos venres que realizamos no mesmo pavillón (sempre e cando o concello nolo siga concedendo)
  • Cómpre anotar a idade e se saben ou non patinar cando se inscriba para poder organizar mellor a actividade
  • En virtude do número de alumnado inscrito valoraremos si é preciso adquirir algún material adicional. 
TENIS DE MESA O tenis de mesa é considerado un deporte popular, inclusivo e que potencia a concentración e a actividade física. Por outra banda, é considerado de baixo risco no contexto actual (COVID19). A recomendación para practicar pin-pon sería idade mínima de 6-7 anos. Grupo mínimo 6- 8 crianzas.

ATLETISMO     Propoñemos a actividade“Preatletismo”, enfocada a crianzas en idade escolar, a idade ideal para comezar a descubrir e desfrutar deste magnífico deporte con todos os seus beneficios
Método de traballo:
  • Traballo con grupos reducidos, para unha mellor atención e transmisión de coñecementos (ratio máximo de 20)
  • Programación a longo prazo, prevalecendo a planificación da vida deportiva, vaia ou non a continuar con nós ou practicando o atletismo, antes que a planificación a curto prazo. 
  • Multidisciplinariedade, amosando todas e cada unha das modalidades das que consta o atletismo, independentemente das súas preferencias ou disciplinas con maiores logros
  • Traballo lúdico. O xogo é a mellor maneira non só de aprender, senón de lograr hábitos motrices e adherencia ás actividades deportivas.
  • Participación. Invitamos e facilitamos, sempre que así o desexen, a participar en diferentes probas atléticas organizadas dentro da Delegación de Atletismo de Santiago
  • Polivalencia. Esta participación, sempre que a proba o permita, será pluridisciplinar, é dicir, en probas atléticas de distintas características, para promover a formación e experimentación en distintas modalidades

AS NOSAS ACTIVIDADES HABITUAIS

TEATRO

O teatro como ferramenta para educar en valores, amosándolle ás crianzas novos puntos de vista sobre os demais e sobre o mundo. Un ano máis imparte a actividade Talía Teatro. Desenvolveranse a expresión verbal e corporal mediante o xogo. De haber suficiente alumnado, formaranse dous grupos.


PATINAXE

Un clásico das nosas extraescolares que se realizará no pavillón co mesmo persoal dos últimos anos (Starben)  Unha actividade moi divertida na que se entrenan o equilibrio, a coordinación e a axilidade. 


NATACIÓN

HAI QUE LEVALOS E RECOLLELOS NA PISCINA UNIVERSITARIA. Todo o alumnado debe ter un mínimo de 6 anos ou cumprilos no 2019. A Área de Deportes da USC esixe un rexistro online e a realización obrigatoria da tarxeta universitaria identificativa, así como a presentación do DNI das/os usuarias/os. Infórmate


CANTO E PANDEIRETA

A través do canto e da pandeireta achegarémonos ao noso patrimonio cultural, por suposto, pasándoo ben. A profesora será Jara Ortiz, música, cantareira e docente de ampla traxectoria na música tradicional, en formacións como Habelas Hainas.


BALONCESTO

A cargo de Adrián Dios, da Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas. Adrián é adestrador titulado de 1º nivel con 14 anos de experiencia.  En caso de haber suficiente alumnado formaranse dous grupos de idade