domingo, 17 de maio de 2020

Guía rápida para non perderse coa normativa neste final de curso


Ola familias!

Dende a ANPA sabemos da avalancha (des)informativa destes días nos medios e redes sociais de normativas, protocolos, xuntanzas, avaliacións... das diferentes administracións competentes en materia educativa e como entendemos que  poden ser liosas quixemos facer esta guía rápida onde poder seguir as directrices fundamentais para o que queda de curso. 

Agardamos sexa do voso interese e sirva de axuda para non perderse entre tantos textos técnicos😃


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou o 27 de abril de 2020 as INSTRUCIÓNS para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como resumo de este documento, podemos concluír as seguintes cuestións:

👉O terceiro trimestre deste curso 2019-2020 dedicarase a RECUPERAR, REPASAR, REFORZAR E AFONDAR NAS APRENDIZAXES XA TRABALLADAS nos dous primeiros trimestres do curso

👉Flexibilizaranse e adaptaranse os criterios de avaliación en cada curso

👉Avaliarase sobre as avaliacións anteriores, valorando as actividades desenvolvidas durante a fase de confinamento, SEMPRE QUE SEXAN favorecedoras para o alumnado

👉Flexibilizarase a promoción de curso, sen ter en conta o número de materias pendentes: a repetición será unha medida excepcional

👉Adaptaranse as programacións didácticas do próximo curso 2020-2021 para incorporar os obxectivos, contidos e aprendizaxes que, polas circunstancias especiais do terceiro trimestre, non fosen abordadas



A equipa directiva do noso cole CEIP Apóstolo Santiago, ven de publicar na páxina web do centro unha NOTA onde aclara como será a avaliación final do alumnado.





Para finalizar 
Os centros educativos de infantil e primaria (CEIP) NON volverán ás aulas durante o terceiro trimestre, tal e como se desprende da NOTA publicada pola Consellería de Educación este pasado xoves 14 de maio.


Para calquera dúbida ou cuestión, podedes poñervos en contacto
📧 anpa.apostolo@gmail.com

Directamente co cole 📞981 543 172  
ou a través do correo electrónico ceip.apostolo.santiago@edu.xunta.es



Azos, bicos e apertas!
Coidádevos e deixádevos coidar!