luns, 5 de novembro de 2018

Comisión Comedor: Resultado da Xornada de Traballo Colaborativo

Ola familias!

Hai uns días dende a Comisión de Comedor lanzabamos unha petición para participar nunha xornada de traballo colaborativo. O obxectivo: crear un espazo de relax e descanso para os nenos e nenas usuarias do servizo de comedor.

A xornada de traballo foi todo un exito colectivo!!!

Unha ducia de famlias xuntáronse para crear un espazo de xogos e relax para as crianzas.
Montouse o mobiliario e distribuíuse o espazo co traballo en equipo.

De momento o resultado é ben xeitoso, pero aínda precisa de algún complemento decorativo (cartaces, alfombras de espuma), xogos de mesa e contos...

Revisade pola casa, igual algo que xa non usades pode servir para complementar o novo espazo. Podedes deixar as vosas doazóns na conserxería do centro.


Dende a Comisión de Comedores queremos agradecer o esforzo e a participación de todas e todos.

Aquí un adianto do traballo iniciado