Ola Familias!
Un curso mais continuamos co Programa de Patios.
Este venres 16 de Novembro xogamos!!!
Quedamos, coma sempre, ás 11:15h na porta do centro para organizar as actividades e distribuir os xogos entre as nais e pais voluntarias.
Se chove xogamos no pavillón e no corredor cuberto.
Sabedes que precisamos como mínimo 6 persoas voluntarias para poder desenvolver a actividade o mellor posible, pero cantas máis sexamos mellor!!!
Anotádevos no Taboleiro da ANPA (entrada principal ao lado do local)
E LEMBRADE QUE O PATIO COMEZA ÁS 11:30!!! SEXAMOS PUNTUAIS
Apertas
Comisión de Extraescolares- Programa de Patios
-
Na asemblea da ANPA do 19/02/25 aprobouse abrir un proceso de debate para cambiar o nome do noso centro. Segundo o acordado, deuse de praz...
-
Os Maios son tradición no CEIP Apóstolo Santiago dende hai moitos anos e como cada Maio esta Comunidade Educativa recupera esta tradi...
-
Orgullosas da nosa Comunidade Educativa!!! Un ano mais e convocadas pola Comisión de Igualdade un nutrido grupo de nenas e nais, e algún c...