luns, 29 de outubro de 2018

COMEDOR: Xornada de Traballo, Comisión de Comedor


Dende a Comisión de Comedor queremos convidarvos a unha xornada de traballo colaborativo o vindeiro luns día 5 ás 16.30h


Levamos un tempo tentando montar un recuncho de xogos de mesa e relax na sala do comedor, no espazo novo que hai entrando á man esquerda.

Conseguimos que o Consello Escolar aprobase un pequeno orzamento e xa mercamos algúns mobles e complementos. 

O luns a partir das 16.30h quedamos no comedor para montar as estanterías e deseñar ese espazo entre todas e todos. 

Traede ferramentas e o que se vos ocurra.

Ademáis precisamos da vosa colaboración a través de doazóns!

Cando teñamos o espazo montado, precisamos enchelo con contos, almofadas, xogos de mesa, etc.

Pensade en xogos que non teñan pezas pequenas, non precisen pilas e que sexan fáciles de almacenar.

  • 😟Pouco desexables: Playmobil e Legos serían un exemplo de xoguetes conflictivos (pezas pequenas)
  • 😁Moi desexables: Xogos de construcción de pezas medianas e grandes, dominó de madeira, damas, parchís (as fichas estarían custodiadas polo monitorado).

* Todas as aportacións podedes deixalas na conserxería do centro.

Animádevos a colaborar e participar!!!

Saúdos
Comisión de Comedor