CEIP Apóstolo: dotación de mobiliario de xogo e árbores no patio da escola
orzamento: 15.000€
Dende hai tres anos o Concello de Santiago reserva parte dos orzamentos municipais a un proceso de participación e decisión directa da veciñanza, os Orzamentos Participativos, e nesta edición como ANPA realizamos varias propostas de intervención no centro (mellora destinada ao patio e mellora da mobilidade no acceso principal do centro)
Unha vez publicados os resultados, estamos felices de poder trasladar que acadamos unha das propostas:
Como sabedes o pasado curso escolar o Proxecto Piteas, deseñou unha acción conxunta e transversal no centro para mellorar o espazo do patio a partir dun proceso participativo no que os nenos e nenas foron as protagonistas directas da acción: Observaron, Reflexionaron, Deseñaron e Tomaron Decisións. A idea é redeseñar o patio da escola para transformalo aproveitando todo o seu potencial e facelo mais inclusivo e integrador. E nesta liña, como medida de apoio, dende a Comisión de Obras da ANPA redactaron varias propostas coas que participar nos Orzamentos Participativos e darlles difusión, a través das redes sociais, para acadar algún dos obxectivos. Hoxe podemos celebrar os resultados.
Dende a ANPA xa trasladamos ao centro a nova, e manifestamos o noso interese de que participen activamente no deseño das necesidades a demandar para o patio.
Entre todas facemos Comunidade Educativa.
---
Pincha aquí para ver os resultados dos Orzamentos Participativos 2018