“Medrando en Igualdade: as nosas referentas” é un proxecto que nace impulsado
pola ANPA do CEIP Apóstolo no curso 2024 – 2025. As nosas referentas abriu un
espazo de encontro entre mulleres referentas comunitarias do cole e do barrio e as
crianzas de 3º, 4º e 5º de primaria. A través dun proceso de traballo colectivo, a ANPA
identificou mulleres diversas que desenvolven un papel importante no barrio e no cole,
especialmente pensando dende os feminismos e a ética dos coidados.
Este proxecto contou con dous espazos clave:
Un encontro de referentas para recoller as súas historias (8 de novembro 2024)
B. Un convivio interxeracional onde as crianzas interactuaron coas referentase coñeceron os seus saberes e experiencias (30 de novembro 2024).
“Medrando en igualdade: as nosas referentes” é posíbel grazas ao Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas de políticas de xénero no ano 2024 (FOIO0A/2024), da Deputación da Coruña.