venres, 13 de setembro de 2024

Arrinca o curso 2024-2025!

 Queridas familias, 

iniciamos un curso máis con moitas ganas! En breve publicaremos información sobre as actividades extraescolares, mais podedes ir anotando nas axendas o mércores 2 de outubro, ás 17:30 h., no Salón de Actos do CEIP: temos a Asemblea Ordinaria de inicio de curso! E se sabedes de familias que queiran sumarse á ANPA, poden facelo desde xa mesmo neste formulario.

Este curso, despois de varios esforzos e de darlle voltas, vai subir a cota de familia socia, en 5 euros, co que resulta unha cota de 30 €. Trataremos este asunto na Asemblea, como podedes ver na Orde do Día, mais sinalamos que, atendendo a casuísticas particulares, o ingreso podería facerse en dous prazos de ser necesario.

Aquí deixamos a orde do día. Agardamos vervos e coñecer novas familias! Unha grande aperta,

A Directiva

Asemblea ordinaria ANPA CEIP Apóstolo Santiago

Mércores 2 de outubro de 2024, 17:30-19:30 horas

ORDE DO DÍA

1.  Benvida da directiva e presentación asistentes (10 minutos).

2. Lectura e aprobación da acta anterior (5-10 minutos). 

3. Estado de contas. Propostas (10-15 minutos).

4. Subida da cota da ANPA (10 minutos).

5. Actividades extraescolares.

6. Diferentes comisións. Dinámica para unirse a elas (10 minutos) e breve repaso e perspectivas de futuro (uns 10 minutos cada unha):

- Construíndo escola (convivencia e celebracións).

- Comedor.

- Medio ambiente e radon.

- Igualdade. Explicación das subvencións concedidas e da programación.

- Lingua.

7. Rogos e preguntas (10-20 minutos).