mércores, 24 de abril de 2024

Boletín das estrelas nº2. O Botrato

Presentamos aquí o boletín número 2, no que queremos dar voz ás familias. Nesta segunda edición poñemos o foco na importancia do BOTRATO e difundir uns materiais útiles para as persoas involucradas no eido educativo.

Na Comisión de Convivencia seguimos traballando para que as nosas crianzas medren nun espazo seguro, aprendendo a convivir e a resolver os conflictos de forma pacífica coa axuda dos adultos de toda a comunidade educativa. Se queres contarnos calquera cousa ao respecto, expresar sen temor preocupacións, suxestións ou ben formar parte de esta comisión, escribe a: convivencia.anpaapostolo@gmail.com

Le o Boletín das Estrelas nº2 

 

Lembrade que dentro do Consello Escolar existe unha Comisión de Convivencia do centro, onde a Anpa temos unha representante, así que nos gustaría que as familias poidades facernos achegas das vosas inquedanzas para que entre todas e todos poidamos facer escola. Podedes falar connosco, escribir ao mail ou deixar una mensaxe no Buzón da Estrela (no distribuidor do cole) ou no buzón da Anpa (na entrada do cole).