luns, 9 de decembro de 2024

Gozando en igualdade

Non paramos coas actividades organizadas pola Comisión de Igualdade da nosa ANPA! Nesta ocasión, as compañeiras de Rexenerando S. Coop. G. desenvolveron obradoiros con alumnado e familias co título "Gozando en igualdade", co apoio da Xunta de Galicia.

Co alumnado:

Desenvolvéronse unha serie de obradoiros, axeitados a cada grupo de idade (ciclo inicial de Primaria, 1º e 2º; ciclo medio, 3º e 4º; e ciclo superior, 5º e 6º): 



 

 

 

Ademais, as compañeiras de Rexenerando S. Coop. G. preparáronnos un material didáctico de referencia. 



 

Coas familias e profesorado:



 

Tivemos dúas sesións os xoves 7 e 14 de novembro para falar de sexualidade (como a vivimos como crianzas e de adultas, e como estamos a vivila como nais/pais), ben interesantes e proveitosas.

Esta actividade desenvolveuse grazas ao bo facer de Rexenerando S. Coop. G., ao labor da Comisión de Igualdade da ANPA, á participación de toda a nosa comunidade educativa, e co apoio da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que subvencionou a actividade no marco do programa SI449B, Axudas Económicas ás ANPAs destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e á prevención e loita contra a violencia cara ás mulleres.