sábado, 9 de setembro de 2023

Comeza o curso 2023/2024! Mirade a oferta de extraescolares!



 

O día 11 de setembro comezan as clases neste curso 2023/2024! Na ANPA xa estamos empezando a quentar motores. Teremos a primeira asemblea do ano o xoves 5 de outubro ás 17:30 (en breve achegaremos orde do día e información sobre ludoteca).

Aínda non sodes familia socia da ANPA? Podedes facelo a través desta ligazón: https://anpaapostolo.blogspot.com/p/formulario-socias.html

Ademais, mirade as extraescolares que teremos a partir de outubro!

Para inscribirvos podedes cubrir o seguinte formulario. Se o preferides, podedes facer os dous trámites en papel (ten Carmen, a nosa querida bedel, xa de volta connosco, copias) e depositalos na caixa de correo da ANPA (na entrada do cole, á dereita). Mirade máis información no PDF anexo!