xoves, 21 de setembro de 2023

Arrinca o curso 2023-2024!

Comezamos cunha asemblea o 5 de outubro, no Salón de Actos do CEIP, entre 17:30 e 19:30 horas! Haberá servizo de ludoteca dispoñible (lembrade inscribirvos enviando un correo a anpa.apostolo@gmail.com antes do mércores 4 ás 15:00 horas)!


 

É aberta a todas as persoas interesadas en coñecer a nosa ANPA. Se queredes facervos familia socia, lembrade que tedes dispoñible o formulario https://anpaapostolo.blogspot.com/p/formulario-socias.html, e tamén follas na conserxaría que podedes cubrir e deixar na caixa de correos da ANPA (na entrada do cole). A cota é de 25 euros anuais.