domingo, 2 de outubro de 2022

Agora si que comezamos! Asemblea ordinaria da ANPA o xoves 6 de outubro ás 17:30 horas

Comezamos novo curso e convocamos a primeira asemblea ordinaria da ANPA o xoves 6 de outubro 17,30h no salón de actos do cole, cunha duración aproximada de dúas horas. Anexamos a orde do día: 
 
1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Cuestións relacionadas co comedor
3. Actividades extraescolares
4. Radon
5. Representante no Consello Escolar
6. Representantes na comisión de convivencia
7. Organización das comisións de traballo
8. Rogos e preguntas

Teremos LUDOTECA a disposición das familias que queiran participar e precisen dela. Para iso cómpre inscribir as vosas crianzas enviando un correo antes do mércores 5 ás 15 horas, indicando nome, apelidos e idade da crianza, a anpa.apostolo@gmail.com.