luns, 8 de marzo de 2021

Comisión Xénero e Igualdade: Imaxes da exposición do I CERTAME 8M

Este ano celebramos o I Certame Que significa para ti o 8M?, e non podemos estar mais orgullosas das nenas e nenos do CEIP Apóstolo Santiago.

Sabemos que nestas datas danse coincidencias no calendario de celebracións, e que toda a rapazada e o equipo docente está a tope de tarefas, polo que unha vez mais dende a Comisión de Xénero e Igualdade e dende a ANPA agradecemos de corazón o bo facer das e dos docentes do cole para motivar, animar e apoiar estas pequenas pílulas participativas. Grazas!!!


📣Podedes ver tamén a entrada no blog da Biblioteca Vagalume


E insistimos en que estamos moi orgullosas porque sendo a primeira vez que celebramos este certame a participación foi numerosa: +60 participantes!!! (con obras individuais, en grupo e colectivas de aula), e dun nivelón nas obras abraiante.  



O obxectivo do certame era sinxelo, a partir da cuestión do significado do 8M para cada quen, tentar que o alumnado investigara sobre o por que da data e a súa conmemoración, as orixes, e sobre todo como vivían esa data.

Dende a Comisión de Xénero e Igualdade partimos da seguinte premisa: o certame tiña que ser participativo, coa finalidade clara de evitar a competitividade entre o alumando e para garantir que todas as crianzas quixeran realizar a súa obra sen pensar en gañar (a resto de compañeiros e compañeiras). Todas as crianzas participantes recibiron de agasallo un boli lilá, e todo o alumnado recibiu unha chapa conmemorativa do 8M.




E aquí tedes as obras participantes👇