mércores, 17 de febreiro de 2021

INFORMACIÓN ACTUALIZADA! Comisión Xenero e Igualdade: Preparando o 8M na Comunidade Educativa

📢Actualizamos a información respecto do I Certame Artístico- Plástico!!!

Tras consultas co centro decidimos AMPLIAR o prazo de entrega das obras ate o día 3 de MARZO. 
Seica este final de mes coincide con varias actividades e conmemoracións importantes, entre elas o día de Rosalía, polo que se nos xunta moito traballiño a xestionar.

Tamén explicar algunhas cuestións sobre o certame que nos veñen consultando nais e pais

  • O obxectivo do Certame non é investigar e coñecer mais sobre a data do 8M, polo que non hai xurado que valore, avalíe o decida que proxecto "é mellor". (a única cuestión que se terá en conta na recollida é no caso de ter contido violento ou discriminatorio)
  • Todas as crianzas que participen recibiran o mesmo agasallo.
  • Todas as obras estarán expostas nos corredores do cole para desfrutar delas, e unha vez retiradas a rapazada que así o manifeste poderá recollela e levala para casa.
  • A Comisión de Xénero colabora co centro na montaxe e xestión do certame. 
  • A través do blog da Biblioteca e da ANPA subiremos imaxes das obras para que toda a Comunidade poda velas.


📬Calquera dúbida contactádenos a través do correo electrónico anpa.apostolo@gmail.com


Dende a Comisión de Xénero e Igualdade queremos convidar a todo o alumnado a participar do 8 Marzo, unha data sinalada na que celebramos, visibilizamos e reivindicamos os dereitos das nenas, mozas e mulleres e as loitas feministas.

Neste ano pandémico sabemos que a distancia física é necesaria para limitar a transmisión da Covid, e sabemos que as celebracións multitudinarias que sempre nos acompañan nesta data vanse ver modificadas, é posible que non podamos lucir as nosas mellores cores, sorrisos e afectos sóricos polas rúas.

Para non esquecer o espírito deste día queremos convidar a todo o alumnado a amosar o significado que este día ten para cada unha de nós. A través dun certame no que teñen cabida todas as manifestacións artísticas imaxinables: deseños, esculturas, cancións, poemas, vídeos....... Co obxectivo de crear un espazo reivindicativo no cole o día 8 de Marzo.


Importante: excluiranse do certame todas as obras con contido violento ou discriminación de calquera tipo.


  • A composición pode ser individual, en parella, en grupo, ou de aula, ou en familia..... Iso si, non esquezades identificar o nome das persoas participantes e o(s) voso(x) curso(s)
  • No centro haberá unha caixa na que depositar as vosas creacións. No canto de ser audiovisual podedes facela chegar a través do correo anpa.apostolo@gmail.com
  • O tema: Que significa para ti o 8 de Marzo?
  • Para unha mellor inspiración convidamos a que busquedes información sobre o por que se celebra esta data? Dende cando? Como se ven celebrando? Que se reivindica? En definitiva que fagades un pouco de investigación histórica para saber mais.
  • O prazo de entrega finaliza o día 26 de Febreiro

As obras en papel estarán expostas no cole dende o día 1 ao día 9 de Marzo, e as audiovisuais no blogue da biblioteca.

 

A través dos blogues da Biblioteca e da Anpa daremos conta das vosas expresións artísticas.

 

Agora so queda deixar voar a imaxinación e participar