Esta semana coñecíamos esta nova:
O noso centro recibía o Terceiro dos Premios
de Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020
"Unha escola
inclusiva é aquela que se apoia na convicción de que todo o alumnado pode
aprender cando se lle outorgan as oportunidades de aprendizaxe axeitadas, se
favorece o seu acceso e participación nelas e se estimulan as capacidades,
potencialidades e responsabilidades sociais traballando en colaboración coas
familias e outros membros da comunidade"
Aquí vos deixamos o ENLACE á convocatoria e
resolución dos Premios
Este galardón é
un recoñecemento ao traballo realizado polo equipo docente e pon en valor
os obradoiros interidades que se viñan desenvolvendo dende hai
tempo no ciclo de educación infantil e que máis tarde, tiveron continuidade en
todo o ciclo de educación primaria
Este premio tamén valorou positivamente os proxectos artísticos realizados polo
alumnado de 5º e 2º de primaria no curso 19/20 (video interpretación da obra de
Paula Carballeira Somos os monstros e a obra de teatro de creación
propia que levaba por título "Vidas, libres ou confinadas, sempre de cores"
nos que a participación das familias foi unha parte fundamental.
Parabéns!
Entre todas seguimos
facendo Comunidade Educativa!!