sábado, 31 de outubro de 2020

Festas: Samhain- Samaín

A nosa comunidade é diversa e multicultural e dende a ANPA festexamos e celebramos a diversidade e convidámosvos a todas a aprender sobre as tradicións de outras xeografías.

As familias acostumamos a participar moi activamente nas festas escolares, mais este ano vai ser complicado.... por non dicir imposible 😥

Igualmente para esta noite de calacús e lumes de cambio gustaríanos partillar con toda a nosa comunidade unha serie de ideas e recursos para pasar esta xornada en familia 👇


* Tallar Nabos ou cabazas con símbolos de proteción na parte traseira e colocalas nas portas da casa, cruces de camiños, xunto a cruceiros....

* Contádelle as nenas e nenos historias sobre a Santa Compaña, personaxes de mitoloxía galega ou relacionadas coa morte e o tránsito ao mundo da morte. Moi importante apagar todas as luces eléctricas e utilizar candeas e palmatorias 🔥

* Xúntate coa veciñanza ou coas amizades e preparade unha queimada con todo o seu ritual, comede, bebede e contade historias de medo, bailade e disfrutade.... (importante: Este ano por mor da COVID non é posible pola necesidade de manter as medidas e restricións sanitarias)

* Durante a cea deixade un oco e un pouco de comida para que as ancestras mortas podan comer. Deixade tamén unhas poucas 🌰🌰🌰 que han de agradecer.

* As mais atrevidas xuntádevos e ide ao monte, nas corredoiras, entre os carballos.... e contade historias sobre a Santa Compaña. Lembrade!! as 23h na casa.
















Porque aínda en pandemia podemos celebrar a nosa cultura.

Moitos azos para todas e que os calacús iluminen os camiños 💜