martes, 20 de outubro de 2020

Actualización a día 21 de Outubro sobre a Asemblea Xeral Ordinaria 1º Trimestre: ADIADA!

Actualizamos a información sobre a celebración da AXO do 1º trimestre prevista para este xoves 22 de Outubro. Por mor das novas restricións que afectan á cidade de Compostela, dende a Directiva da Anpa decidiuse adiar esta primeira xuntanza atendendo ás indicación actuais en materia sanitaria. Seguiremos informando de calquera novidade. 


Coma sempre para calquera consulta podedes contactar a través do correo electrónico: anpa.apostolo@gmail.com

#coidándonoscoidamos 

Iniciamos un curso académico diferente, cheo de novidades polas restricións sanitarias, mais dende a ANPA (atendendo á normativa COVID vixente) decidimos convocar unha Asemblea Xeral presencial para poder compartir con toda a comunidade educativa o traballo realizado durante estes meses, os obxectivos para este novo curso escolar e sobre todo para poder coñecer as vosas inquedanzas e entre todas colaborar para crear o mellor entorno posible no centro.