mércores, 18 de novembro de 2020

Charla Online: "Revisar a práctica, para previr a violencia"





Queremos convidarvos a toda a comunidade a participar desta charla formativa que terá lugar o xoves 26 de Novembro ás 17:00h


Debido as actuais circunstancias sanitarias as actividades previstas vinculadas co 2º Concurso de Fotografía pola Igualdade da Federación de Anpas Compostela , terán que celebrarse en formato virtual.

A charla está principalmente dirixida á familias de primaria, aínda que toda a comunidade está convidada a participar.

A relatora da mesma é Priscilia Retamozo Ramos. Politóloga pola USC, máster en Igualdade de xénero da UMA.  Coordinadora do Comando Igualdade, formadora experta en xénero e coeducación e prevención das violencias machistas

Aquí vos deixamos o enlace para a conexión:

https://meet.jit.si/desaprendendodesigualdade



Apuntes para a conexión

  • A plataforma Jitsi é gratuita

Formas de conectar

  • 💻Se ides conectar dende o ordenador, simplemente pinchades no enlace (https://meet.jit.si/desaprendendodesigualdade) e ábrese directamente na plataforma de Jistsi. Podedes indicar o voso nome e decidir se queredes ter a cámara web conectada. Tedes que pulsar o botón azul "join meeting" e xa entrades na salita da charla.
  • 📱Se ides conectar a través dun terminal de telefonía móbil, é necesario descargar previamente a aplicación de jistsi para poder realizar a conexión. Unha vez descargada a través do enlace (https://meet.jit.si/desaprendendodesigualdade) ábrese a aplicación. Podedes indicar o voso nome e decidir se queredes ter a cámara web conectada. Tedes que pulsar o botón azul "join meeting" e xa entrades na salita da charla.