Logo de semanas de traballo, aquí están as Actividades Extraescolares para este curso 2018- 2019.
O prazo de inscripción está aberto ate o Xoves 27 de Setembro.
As actividades darán comezo o Luns 1 de Outubro
*Lembramos que as actividades dependen da configuración dos grupos e o número mínimo de participantes que as monitoras e monitores nos indican
DESCRIPCIÓN DAS ACTIVIDADES
TEATRO: Un ano máis imparte a actividade Talía Teatro. Desenvolverase a expresión verbal e
corporal mediante o xogo. En caso de haber suficiente alumnado formaranse dous grupos de idade.
LINGUA XESTUAL. Aprende a comunicarte sen palabras. Unha nova lingua na que
empregaremos as mans, a cara e o corpo de xeito moi divertido. A formación está impartida por Thais Núñez, mestra con estudos en lingua xestual. O enfoque da actividade é dinámico a través da prendizaxe de contos e cancións
XOGO EN MOVEMENTO: Actividade de xogo dirixido e deporte no pavillón, a cargo de Starben.
Unha hora para que as crianzas queimen enerxía e vaian coñecendo diferentes deportes.
XOGOS DE GRUPO: Un tempo para os xogos de toda a vida: o pilla-pilla, o brilé, as estatuas
musicais, etc... Cando o tempo o permita realizarase no patio, e se chove, no salón de actos.
Actividade dinamizada por Starben.
NATACIÓN. É na Piscina Universitaria (detrás da Alameda). HAI QUE LEVALOS E RECOLLELOS
NA PISCINA UNIVERSITARIA. Só se poden inscribir nenas e nenos a partires dos 6 anos. Hai que
abonar unha inscrición e pagamento cuadrimestral (outubro-xaneiro e despois febreiro-maio). son
entorno aos cincuenta euros/cuadrimestre. As prazas están limitadas a 10 persoas.
PATINAXE: Un clásico das nosas extraescolares que se realizará no pavillón co mesmo persoal dos
últimos anos (Starben) En caso de que as obras non estean rematadas o día 1 de outubro, o comezo
da actividade quedaría adiada ata ter o pavillón disponible.
IUDO: Actividade deportiva no pavillón a cargo do mesmo profesor dos últimos anos, Luís González,cinto negro e 1o DAN de iudo.
CANTO E PANDEIRETA: A través do canto e da pandeireta achegarémonos a parte do noso
patrimonio imnaterial, desfrutando e pasándoo ben. A profesora será Jara Ortiz,música, cantareira e
docente de ampla traxectoria no mundo da música tradicional, en formacións como Havelas Hainas.
CIRCO: Unha actividade onde poñer en marcha as nosas habilidades como o equilibrio a motricidade a visión espacial, mentras disfrutamos das artes circenses mais habituais. Jano Costas Paiaso, membro da asociación CircoNove da nosa cidade, profesional de ampla experiencia no mundo do espectáculo como da docencia fará desta actividade un tempo de risas e espectáculo.