luns, 24 de setembro de 2018

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018-2019

Iniciamos o curso escolar e as actividades extraescolares son unha das nosas prioridades. 

Aquí tedes algunhas informacións importante sobre as actividades para este curso 2018-19


  1. Tódalas actividades terán un custe mensual de 15 euros, agás a actividade de piscina que ten un custe de 50 euros por cuatrimestre.
  2. As familias con bolsa do Concello poden anotarse ate en dúas actividades, xa que a bolsa cubre un total de 30€ mes.Lembramos que a bolsa non inclúe a matrícula de 15€
  3. A actividade de Lingua Xestual cambia de día, será os Martes, non os mércores como aparecía na oferta. O horario será de 16.30 a 17.30. A monitora este curso será Thais Ortiz. Pedimos disculpas polo cambio de día, somos conscientes do inconvinte que pode ter suposto para as familias interesadas, pero debido a cambios de última hora a oferta sufriu estas variacións.
  4. Jano Costas, será o monitor da actividade de circo para este curso 2018-19
  5. Este xoves 27 de Setembro pecha o prazo para apuntarse ás actividades. Rogamos que entreguedes a folla de inscripción (conserxería ou local da anpa), para confirmar o número mínimo de alumnado por cada actividade para poder realizalas.
  6. Tódalas actividades conlevan unha matrícula de 15€, as familias socias da ANPA non teñen que realizar esta matrícula, xa que está cuberta pola cuota de socias
  7. Na primeira semana de Outubro todas as actividades teñen a primeira sesión como proba, para aquelas que se anotan e non están totalmente convencidas.
  8. Para solicitar a baixa dunha actividade é obrigatorio comunicalo na primeira semana do mes en curso, para non abonar o importe mensual da mesma. En caso de non comunicalo o pago da mensualidade debe abonarse integramente.
  9. A matricula/cuota de socios e socias nas actividades extraescolares, cubre os gastos de xestión administrativa das mesmas, así como o seguro das actividades.
As actividades comezan o luns 1 de Outubro!!!


Na maior brevidade enviaremos a folla de inscripción para socias. Lembrade que o pago da cuota/matrícula será a través de ingreso no número de conta da ANPA
La Caixa ES68 0133 6197 4642 0000 1353