sábado, 22 de setembro de 2018

Formulario para asociarse

Un curso máis, a Asociación de nais e pais de alumnado do CEIP Apóstolo Santiago ponse en contacto con vós para solicitar que, en caso de que teñades interese, pasedes a formar parte desta entidade. 
O custo da cota anual é de tan só 15 euros por familia, que se destinarán principalmente a sufragar actividades de lecer para a rapazada e a gastos administrativos relacionados coa xestión das actividades extraescolares. 
Precisamente cada unha destas actividades ten un prezo de matrícula de 15 euros para as familias non socias da ANPA, e é gratuíta para as socias.
Aspiramos a ofertar un programa de actividades extraescolares variado e acorde aos intereses das familias da escola, así como respectuoso en termos económicos coas monitoras e monitores que imparten cada unha das mesmas. 

Confiamos en que sexan do voso agrado.  

Aproveitamos asemade esta ocasión para lembrarvos que podedes estar ao día das novidades relacionadas coa ANPA no noso blog
Por último, pero non menos importante, damos a benvida a todas aquelas familias que acabades de incorporarvos ao noso centro.


Tamén podes descargalo neste enlace e envialo por correo electrónico (anpa.apostolo@gmail.com) ou entregalo no noso local