sábado, 14 de marzo de 2020

Información e Recursos #EuQuedoNaCasa #AchandaACurva




Bo día familias!

Despois do acontecido nas últimas horas e das medidas adoptadas polos gobernos autonómico e o goberno central, dende a directiva da ANPA gustaríanos trasladar varias mensaxes






🙏Procuremos manter a CALMA para non colapsar a sanidade.


😧Se temos  algunha dúbida sobre o virus, acudamos a fontes oficiais

SERGAS
Ministerio de Sanidad
OMS

😷se presentades algún síntoma, NON chamedes ao 112 nin ao 061, o teléfono habilitado na Galiza





 

 💜 PRECAUCIÓN para non propagar o virus.









Temos a responsabilidade  colectiva de evitar o contaxio. Tratade de evitar lugares concorridos e de levar a cabo as medidas de hixiene recomendadas: lavar ben as mans e manter a distancia suficiente entre as persoas.






O SERGAS ven de habilitar un test online para desatoar as liñas telefónicas

https://coronavirus.sergas.gal/


E como sabemos que estes días de cuarentena coa cativada na casa vai ser unha experiencia para poñer en práctica a imaxinación, deixamos aquí unha serie de RECURSOS e accións para cando se nos agoten as ideas:







RECURSOS PUBLICADOS POLO NOSO COLE








OUTROS RECURSOS



  • Aulas galegas é un portal educativo realizado por uncolectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que cremos que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade.




Programa con contido educacional na TVG2
  
                              De Luns a Venres ás 12:00h na TVG2 (Televisión de Galicia
Dous). Trátase de clases impartidas por profes, desde matemáticas ata educación física.

Está feito en directo, así que podes mandar vídeos, whatsapps, audios... mesmo facer preguntas ás mestras! Algúns vídeos ou fotos dos enviados saen en directo, e a cativada vanse ver no momento na tele. Tamén os verán os seus compañeiros e compañeiras, favorecedendo o contacto co resto da clase durante o confinamento dun xeito moi especial.

Xa están as redes sociais do programa para que curioseedes, procurade O SABEDOIRO no Facebook e no Instagram.


👉E para mandar dúbidas ou vídeos, hai un número de whatsapp: 647911418




Contadoras de Contos
As contadoras de contos non podemos ficar quedas aínda que fiquemos na casa
En breve lanzamento mundial de...

👾 PANDEMIA DE CONTOS 👾
contos nas redes para todas as idades, para levar mellor este #euquedonacasa

🧐Estade atentas ás redes do #colectivoNOGA

#narracionoralgalega
#pandemiadecontos

  • DEBUXO
O pintor Leandro Lamas a través do seu perfil de facebook ofrece foto tutoriais para realizar con el un deseño


  • PSICOLOXÍA

  • EXPERIMENTOS: O experimento casero que ensina as crianzas a importancia de lavar as mans 



Iniciativas de Apps  que están ofrecendo gratis os seus contidos Premium para aprendizaxe na casa
  • Academons Primaria: A app de Homeschooling está ofrecendo 30 días de acceso gratuito a todo o seu catálogo de xogos de matemáticas

  • Smartick: esta app malagueña está ofrecendo acceso 15 días gratís a súa app para repaso de matemáticas

  • Genially: a plataforma para facer presentacións interactivas ofrece por un tempo limitado as súas planillas e recursos Premium gratis

  • AMCO: Acceso aos xogos de Mates e lingua da súa Appp Eduzland gratis por tempo limitado

  • Smile and Learn: esta App para as mais pequenas da casa está ofrecendo acceso gratuíto durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos.

  • Cerebriti Edu: ofrece os seus mais de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria gratis ate o final de curso




Música, pelis e libros



Museos para visitar estando na casa: tour virtual e coleccións online


1. Pinacoteca di Brera - Milano

https://pinacotecabrera.org/en/

2. Galleria degli Uffizi - Firenze

https://www.uffizi.it/mostre-virtuali

3. Musei Vaticani - Roma

http://www.museivaticani.va/content/museivaticani/it/collezioni/catalogo-online.html

4. Museo Archeologico - Atene

https://www.namuseum.gr/en/collections/

5. Prado - Madrid

https://www.museodelprado.es/en/the-collection/art-works

6. Louvre - Parigi

https://www.louvre.fr/en/visites-en-ligne

7. British Museum - Londra

https://www.britishmuseum.org/collection

8. Metropolitan Museum - New York

https://artsandculture.google.com/explore

9. Hermitage - San Pietroburgo

https://bit.ly/3cJHdnj

10. National Gallery of art - Washington

https://www.nga.gov/index.html


Iniciativas varias


     
























#AchandaACurva #EuQuedoNaCasa