Como cada ano dende a Comisión de Xénero e Igualdade queremos convocar a todas as familias a participar e visibilizar a nosa Comunidade Educativa nas diferentes manifestacións a celebrar nesta data tan sinalada.
O 8M é un día para facer visibles as nosas reivindicacións e para formar parte dun movemento transformador sentindo a sororidade de moitas mulleres, mozas e nenas berrando por un mundo en igualdade para todas.
O Domingo na nosa cidade o movemento feminista organiza unha xornada con actividades diversas e dúas manifestacións que tinxan de Lila as rúas de Compostela.
📣Dende a Comisión de Xénero convocamos a que nos sumemos á manifestación das 12:00h que sae dende as Rúas Fontiñas/Concheiros cara a Praza de Galiza (percorrido 3), para iso teremos como punto de encontro o Cruceiro de San Pedro ás 11:30h facendo o bloque do CEIP Apóstolo Santiago. Lembrade vir cos vosos mellores instrumentos e ferramentas sonoras. Queremos que se nos escoite ben!!!!
👉Para preparalo todo, este xoves día 5, estaremos a partir das 16:30h no cole deseñando e creando as nosas pancartas, faixas, cartaces e o que se preste.
Lembrade traer o material que precisedes. Dende a comisión aportaremos tamén material por se algunha crianza precisa.
Saúdos e vémonos nas rúas!!!
Comisión de Xénero e Igualdade
-
Na asemblea da ANPA do 19/02/25 aprobouse abrir un proceso de debate para cambiar o nome do noso centro. Segundo o acordado, deuse de praz...
-
Os Maios son tradición no CEIP Apóstolo Santiago dende hai moitos anos e como cada Maio esta Comunidade Educativa recupera esta tradi...
-
Orgullosas da nosa Comunidade Educativa!!! Un ano mais e convocadas pola Comisión de Igualdade un nutrido grupo de nenas e nais, e algún c...