martes, 17 de marzo de 2020

Comunicado Peche de Centros

Tras varios días de melloras nas webs dos centros por parte da Consellería de Educación, dende o pasado Luns día 16 de Marzo xa está, novamente, operativa a web do cole 

Estes días a equipa directiva comunicouse co presidente da anpa para maior transparencia sobre a orde da Consellería respecto do peche dos centros de ensino e nos traslada a seguinte información xeral:

📣 Dende a Consellería de Educación non derón instruccións nin indicacións respecto dos contidos curriculares dirixidos ao alumnado

📝Algunhas titoras están enviando informacións ás familias

📎Tamén se irán colgando por parte das docentes materiais de consulta, actividades, recursos, etc...

❗Dende o luns 16 a web do cole está activa e actualizada con dúas notas informativas. Recomendan que botemos un ollo aos comunicados.
















Acceso ao Comunicado peche centro

A recomendación do claustro para todas as familias é que as nosas fillas e fillos fagan algo de lectura e escritura, así como algo de mates, se podemos algún experimento divertido, e facer uso dos recursos que teñamos dispoñibles. 

Todo esto pasa por adaptar estes días ás posibilidades de conciliación e organización de cada familia 😅

Na entrada anterior tedes un listado de diferentes propostas e recursos dispoñibles.

Moito ánimo a todas as familias para estes días de corentena.

Saúdos

A directiva da ANPA