Queridas familias,
presentamos un
obradoiro en dúas tardes de xoves destinados ás familias sobre o ciclo
menstrual. Serían o 21 e o 28 de maio de 17:30 a 19:30. Impárteno Cromo Somos X, unha ONG que traballa para eliminar a pobreza menstrual e os tabús arredor da regra.
"Cambiemos as regras: educación menstrual e propostas para acompañar a menarquia"
Dirixido a nenas dende 2 primaria a 6 primaria e as súas familias.
* Sesión 1 Xoves 21/05
Espazo rapazada de 17:30 a 19:30.
Aprenderán
desde una mirada respectuosa, crítica e positiva cuestións básicas sobre
o ciclo menstrual, cuestionando estereotipos e desmontando mitos para coidar a saúde e o benestar persoal.
* Sesión 2 Xoves 28/05
Espazo adultas de 17:30 a 18:30.
Tempo
para reflexionar, comprender os cambios que se producen na puberdade e
construír acompañamentos positivos. Paralelamente habilítase ludoteca
para as nenas participantes do obradoiro.
Espazo interxeracional de 18:30 a 19:30.
Tempo
en familia para coñecer diferentes opcións para o manexo do sangue
menstrual co que iniciar un diálogo cercano e de confianza.
Para anotarse escribide un correo a anpa.apostolo@gmail.com indicando:
- Apelidos e nome da(s) crianza(s), ano de nacemento e curso.
- Apelidos e nome e idade da adulta que participará na segunda sesión.
- As inscricións formalizaranse por orde até completar capacidade.
#formamosFanpacompostela
@anpa_apostolosantiago
@cromosomosX
