mércores, 30 de abril de 2025

OBRADOIROS DE REGUEIFA

 



Queridas familias, neste maio das Letras dedicadas ás cantareiras, a Comisión de Lingua da ANPA do CEIP Apóstolo Santiago quere animarvos a sacar a lingua fóra e ceibar a imaxinación cos OBRADOIROS DE REGUEIFA para crianzas. Impartidos por Séchu Sende (profesor, escritor e regueifeiro), estes obradoiros convidan ao ALUMNADO DE 3º, 4°, 5° e 6° de PRIMARIA a deixar voar as palabras e reconectar coa lingua galega a través da REGUEIFA, unha arte de longa tradición (e moi universal) coa que, ademais de exercitar a lingua e a imaxinación, a rapazada vai pasar unha hora ben divertida. As aulas terán lugar os xoves 8, 15 e 22 de maio, de 16.30 a 17.30, e o xoves 19 de xuño faremos unha última aula previa á festa de Fin de Curso (venres 20 de xuño), na que faremos unha demostración de Regueifa con convidadas especiais...
Animade as vosas crianzas. Vide regueifar con nós!
Inscricións de balde no email: linguaanpaapostolo@gmail.com