martes, 29 de abril de 2025

ACORDOS DO ÚLTIMO CONSELLO ESCOLAR

Acordos tomados no último Consello Escolar, o pasado mércores 23 de abril:
1. Acordouse por unanimidade a saída do Edixgal.
2. Piden desde dirección as achegas que se consideren do plan de igualdade para poder aprobalo antes do remate de curso.
3. Arranxouse a caldeira.
4. Entran 19 novas alumnas/os en 4º de EI.
5. Convocarase en breve a comisión de convivencia.
6. Hai varias peticións de obras menores para o centro que se trasladaron a Concello e delegación (limpeza e revisión do tellado, cortinas salón de actos, baños, quitar espello da aula de música, repintado dalgunhas áreas, habilitar un aula para radio).
7. Fálase de poñer mesas novas de madeira no patio (para as merendas), pero non hai cartos e, como son do centro, non se pode pedir ao concello nin á consellería que o asuman.
8. Pediuse e concedeuse a apertura da porta do patio que dá ao parque. Estará aberta ás entradas e saídas e, pola tarde, de 16:30 a 18:30.